2016

2016

segunda-feira, 1 de janeiro de 2018

 Campións Masters de Galicia de ciclocross en Santiago

O ciclocross galego puxo o broche de ouro a súa temporada cunha xornada que se recordará polas adversas condicións atmosféricas. Con alerta laranxa por chuvia e vento o circuíto santiagués do Estadio de San Lázaro acolleu o Campionato de Galicia na mañá do último día do ano.
Luciano Carretero (Cambre Renault Caeiro) adxudicouse a categoría master-30 con 45” de marxe sobre Alejandro Mesías (CiclosQuintena) e con 1:06 sobre Andrés Calvete (Cambre Renault Caeiro).
A sorpresa chegou nos masters-40 co triunfo de Juan Bello. O representante da Asociación Galega de Ciclistas volveu demostrar que lle ten tomada a medida ao circuíto de San Lázaro e repetiu o éxito acadado na carreira da Copa Galicia celebrada este curso en Santiago. A 15” de Bello entrou o asturiano Marco Antonio Prieto (MMR Bikes) e a 50” Manuel Armada (Asociación Galega de Ciclistas).
Por último, Marcial Rodríguez conservou a súa coroa nos masters-50/60. O porriñés do Québici-Marcisport distanciouse en 25” de Javier de la Fuente (Norinver) e terceiro terminou Javier Lago (Spol).
Este campionato pechou unha temporada para a lembranza no ciclocross galego con catorce probas e unha media de participación de 250 corredores. A seguinte cita para os especialistas nesta modalidade será na segunda fin de semana de xaneiro o Campionato de España na localidade guipuscoana de Legazpi.

Sem comentários:

Enviar um comentário