2016

2016

terça-feira, 26 de dezembro de 2017

Copa Galega de Ciclocross

Ciclocross de Maceda
Foto de Javier de la Fuente.

A terceira edición da Copa Galicia de Ciclocross celebrou a súa decimoterceira e última xornada na localidade ourensá de Maceda. Un total de 250 corredores participaron no 'X Ciclocross Castelo de Maceda', unha cita disputada con temperaturas pouco habituais para tratarse desta época do ano, ao redor dos 14-15 graos, e nun bo circuíto.
O cadro de gañadores en Maceda Master foron: Montserrat Martínez (Viana) nas masters, Luciano Carretero (Cambre - Renault Caeiro) nos masters-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e Javier de la Fuente (Norinver) masters-50/60.

Gañadores dos rankings
Foto de Javier de la Fuente.

Os triunfadores do certame autonómico no 2017 foron: Montserrat Martínez nas masters, Luciano Carretero nos masters-30, Manuel Armada (Asociación Galega de Ciclistas) nos masters-40 e Javier de la Fuente nos masters-50/60. Ademais, o Academia Postal - Actyon - MMR recibiu de mans de Rubén Quintas, alcalde de Maceda, o premio como mellor equipo da Copa Galicia de Ciclocross 2017.

A próxima proba do calendario galego de ciclocross é a máis agardada da temporada. Santiago de Compostela acollerá o domingo 31 de decembro o Campionato de Galicia.

Sem comentários:

Enviar um comentário