2016

2016

terça-feira, 12 de dezembro de 2017

Ciclocross na Galiza

Ciclocross de Pontevedra

A chuvia e a néboa estreáronse na Copa Galicia 2017 na súa décima xornada e aumentaron a dureza para os 270 corredores que participaron este venres no Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocross. A segunda edición da cita organizada polo Club Deportivo Pinarium presentou un circuíto con novidades no Hipódromo de Campañó. Cunha primeira parte de terreo húmido e pegañento, a esixencia na segunda metade aportábana as subidas e o seu trazado técnico. 
Ao máis alto do podio  subiron como gañadores das súas categorías Luciano Carretero (Cambre - Renault Caeiro) nos masters-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e Javier de la Fuente (Norinver) nos masters-50/60.
A falta de tres xornada do certame autonómico continúan como líderes   Montserrat Martínez (Viana) nas masters; Luciano Carretero (Cambre Renault Caeiro) nos masters-30; Manuel Armada (Asociación Galega de Ciclistas) nos masters-40 e Mario Castro (Cortizo - Anova) nos masters-50/60.

Ciclocross de Porriño
A borrasca ‘Ana’ non freou aos corredores da Copa Galicia de Ciclocross na localidade pontevedresa do Porriño. O cadro de gañadores do ‘I Trofeo Ciclocross Avanza – Concello do Porriño’ fueron Montserrat Martínez (Viana) nas masters, Luciano Carretero (Cambre – Renault Caeiro) nos masters-30, Manuel Armada (Asociación Galega de Ciclistas) nos masters-40 e Javier de la Fuente (Norinver) nos masters-50/60.

Sem comentários:

Enviar um comentário