2016

2016

domingo, 3 de janeiro de 2016

Crónica do Ciclocross de Maceda

Copa Galicia en Maceda

-O Clube Ciclista Maceda foi o gran triunfador da cita con catro vitorias
 
Tras sete xornadas e despois de percorrer as catro provincias da comunidade, a Copa Galicia de Ciclocross chegou ao seu fin con Adrian Valverde e Sandra Moral como os grandes triunfadores da primeira edición deste evento organizado pola Federación Galega de Ciclismo. Tanto o corredor do Club Ciclista Rías Baixas como a representate do Marín non lograron a vitoria na última proba celebrada en Maceda, pero obtiveron a recompensa á regularidade demostrada durante toda a tempada e subiron ao máis alto do podio como vencederos das clasificacións xerais Elite e Sub 23. 
O barro apareceu na última cita do calendario autonómico para ditar sentenza. Non era nada fácil que a bicicleta rodase polo circuto do ‘VIII Ciclocrós Concello de Maceda’ e esa dureza engadida marcou o desenlace de varias carreiras, 
A emoción en Masters estaba centrada na resolución da xeral Master-40 e Guillermo Álvarez recuperou a camisola de líder na última xornada. O ciclista do Fornelos venceu e aproveitouse de que Miguel Rei, primeiro clasificado ata esta carreira, concluíu cuarto. O podio en Maceda completárono José Antonio Pazos (Código Atlántico) e Manuel Armada (Asociación Galega de Ciclistas).
Non houbo sorpresas na xeral das outras dúas categorías. Narciso Piñeiro (Spol) apuntouse o título en Master-30 acabando por detrás de Alejandro Mesías e Andrés Calvete, ambos do Cambre. Mentres, Javier de la Fuente (Betanzos) non fallou en Master-50 e sumou un novo triunfo superando a Jose María San Miguel (Balmasedana) e Antonio González (Salvaterra).
A cita de Maceda supuxo a conclusión do calendario autonómico e o último test antes de que o vindeiro venres arrinquen na localidade cántabra de Torrelavega os ‘Campionatos de España de 2016’.

Sem comentários:

Enviar um comentário