2016

2016

quarta-feira, 2 de dezembro de 2015

Noticias de Espanha

Os rankings da Copa Galicia de Ciclocross



Os maillots non trocaron de propietarios nos tres rankings de Master. Narciso Piñeiro concluiu segundo e aumentou en 20 puntos a distancia con Andrés Calvete en Master-30. Agora o do Spol ten 370 puntos e o do Cambre 330. O terceiro posto correspóndelle a Juan Vello (Asociación Galega), con 245, e ata o cuarto posto ascende o vencedor en Dumbría, Alejandro Mesías (Quintena), con 220.
En Master-40, os catro primeiros están nunha marxe de 71 puntos. Guillermo Álvarez (Fornelos) salvou por cinco puntos a camisola de líder. Ten 295, mentres que Miguel Rey (Quintena) písalle os talóns con 290, Juan Jose Saborido (Compostelano), con 250, e o gañador da última carreira Manuel Armada (Asociación Galega) 224 están metidos de cheo na batalla.
Por último,  rachouse o empate en Master 50-60. Javier de la Fuente venceu e na táboa rexistra 420 puntos, con Antonio González (Salvaterra) a 30. Enrique Vázquez (Monte Xalo) xa queda descolgado na terceira praza con 240.
A Copa Galicia de Ciclocross regresará este domingo día 6 de decembro en Boiro coa súa cuarta proba puntuable.

En Dumbría

Non hai cambio de líder en ningunha das tres categorías Master, pero sí que houbo sorpresas. Alejandro Mesías amosouse máis forte que os dous primeiros na xeral de Master-30. O corredor do Quintena puido co líder, Narciso Piñeiro (Spol), e co segundo clasificado, Andrés Calvete (Cambre).
En Máster-40, Manuel Armada tamén deu a badalada. O ciclista da Asociación Galega apuntouse a vitoria tras bater a Manuel Rey (Quintena) e ao líder Guillermo Álvarez (Fornelos).
Por último, en Master 50-60 desfíxose o empate na zona alta. Javier de la Fuente superou a Antonio González (Salvaterra) e agora o do Betanzos manda en solitario. O terceiro posto ocupouno Manuel Castro (5TH Pine).
A Copa Galicia de Ciclocross volverá a vindeira fin de semana en Boiro coa súa cuarta proba puntuable.




Sem comentários:

Enviar um comentário